Airexa é un vento suave que chega para darlle un xiro ás empresas que nacen no rural, dar unha nova visión dos proxectos pequenos e tamén dos grandes. É o fío que conecta o rural co mundo dixital. É o que transcorre entre o que somos e o que mostramos. Detrás de Airexa estou eu, Noelia Cortizo, xornalista por vocación e convicción. Levo máis dun lustro dedicándome ao eido da comunicación, dende a prensa escrita ata a xestión de redes sociais, pasando pola comunicación interna e externa dalgunha empresa e elaborando contido para diferentes webs. A conexión co rural, residir no KM0 de Galicia e a ambición por dirixir o meu tempo, leváronme a presentarvos Airexa, unha axencia coa que poñer as vosas marcas no foco e mellorar a súa visión cara fóra. Por se che quedaba dúbida, en Airexa tes a solución que precisas para mellorar a túa visibilidade nas redes sociais, para potenciar a comunicación interna e externa e tamén, por que non, levar a cabo xuntas un grande evento que poña o teu pequeno ou gran proxecto no foco de todas as cámaras. Airexa é ese vento que transcorre entre o que sodes e o que queredes comunicar. Tranquilxs que isto só acaba de comezar. Airexa ten ambición de ser moito máis…
Os nosos servizos

Xestión de redes sociais

Comunicación externa

Comunicación interna

Contidos web

Creación de contidos

Material visual
