Airexa é un vento suave que chega para darlle un xiro ás empresas que nacen no rural, dar unha nova visión dos proxectos pequenos e tamén dos grandes. É o fío que conecta o rural co mundo dixital. É o que transcorre entre o que somos e o que mostramos. Detrás de Airexa estou eu, Noelia Cortizo, xornalista por vocación e convicción. Levo máis dun lustro dedicándome ao eido da comunicación, dende a prensa escrita ata a xestión de redes sociais, pasando pola comunicación interna e externa dalgunha empresa e elaborando contido para diferentes webs. A conexión co rural, residir no KM0 de Galicia e a ambición por dirixir o meu tempo, leváronme a presentarvos Airexa, unha axencia coa que poñer as vosas marcas no foco e mellorar a súa visión cara fóra. Por se che quedaba dúbida, en Airexa tes a solución que precisas para mellorar a túa visibilidade nas redes sociais, para potenciar a comunicación interna e externa e tamén, por que non, levar a cabo xuntas un grande evento que poña o teu pequeno ou gran proxecto no foco de todas as cámaras. Airexa é ese vento que transcorre entre o que sodes e o que queredes comunicar. Tranquilxs que isto só acaba de comezar. Airexa ten ambición de ser moito máis…
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para estas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. Non dar o consentimento ou retiralo pode afectar negativamente a certas características e funcións.